O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, anunciou a posta en marcha do Plan de Dinamización Turística para a Reserva da Biosfera da área de Allariz que ten como principais obxectivos mellorar os servizos existentes e dotar de novas infraestruturas á zona, promover a diversificación da oferta complementaria, crear novos produtos turísticos e poñer en valor o patrimonio cultural e natural, entre outros. O plan, que afecta aos concellos de Allariz, Rairiz de Veiga, A Bola e Vilar de Santos, abarca tanto actuacións orientadas á mellora da oferta (sinalización, formación dos recursos humanos, deseño de paquetes turísticos, etc.) como actuacións orientadas ao mercado (promoción, publicidade e comercialización dos produtos e do destino).
Potenciarase a calidade como marca distintiva deste tipo de oferta turística rural e traballarase para acadar o seu máximo rendemento. Quintana puxo a estes concellos como exemplos vivos de desenvolvemento rural, rehabilitación arquitectónica, innovación e protección do medio ambiente.