O Concello de Oroso (A Coruña) vén de editar a súa primeira guía turística, un folleto de 130 páxinas a toda cor no que a fotografía prima sobre o texto. Estará dispoñible na oficina municipal de turismo, así como en puntos estratéxicos de toda Galicia, como locais de hostalería e gasolineras.
O Concello editou un total de 3.500 exemplares en tres linguas: 2.000 estarán en galego, 1.000 en castelán e 500 en inglés. A información turística complétase cunha guía telefónica dos servizos e establecementos hostaleiros do municipio así como un breve resume das festas máis importantes.