A Praza do Concello de Meaño acolle esta fin de semana o XI Encontro co Viño de Autor, organizado pola Asociación de Bodegas Artesanas Rías Baixas. O evento ten como principal obxectivo promocionar os viños elaborados polos pequenos adegueiros desta zona da D.O. Rías Baixas, viños singulares e que nunca defraudan aos consumidores. A festa prolongarase ata o domingo.
Por outro lado, o Consello Regulador da D.O. Rías Baixas confirmou que este ano participarán na Festa do Albariño de Cambados adegas das subzonas do Condado do Tea e Ribeira do Ulla. En total, participarán 64 marcas que serán avaliadas por un panel de cata integrado por 20 expertos.