No mundo, uns 500 millóns de persoas viaxan cada ano a destinos moi localizados (principais cidades, parques nacionais e reservas de animais salvaxes, monumentos e zonas costeiras) e nas próximas dúas décadas agárdase que o número de viaxeiros supere os 1.000 millóns. Ante este panorama, a asociación ecoloxista Adega demanda un turismo sustentable e propón unha serie de medidas para gozar dunhas vacacións ecolóxicas. Unha delas é fomentar un turismo de calidade e planificado en base a un territorio tan heteroxéneo como é o galego, na liña do ecoturismo.
Adega manexa uns códigos de conducta que o turista debería ter en conta. Antes de saír de viaxe, planificala ben, coñecendo as posibilidades do destino e tentar desestacionalizala, elixindo preferentemente a temporada baixa. Para a viaxe, Adega apunta respectar o destino para que poida ser visitado moitas máis veces, contratar un guía local, non deixar “pegadas” no lugar, elixir infraestruturas que empreguen sistemas de eficiencia enerxética ou apoiar as economías locais elixindo empresas rexentadas por nativos.