A Praza do Calvario, epicentro da XVI Feira de O Rosal

Un total de trece adegas participan na XVI Feira do Viño de O Rosal, que se desenvolve esta fin de semana na Praza do Calvario da localidade. A degustación dos Rías Baixas que se producen na zona será o evento central, pero tamén se porán a disposición dos asistentes outros alimentos típicos. A feira está organizada polo Concello e o Consello Regulador da D.O. Rías Baixas e pretende ser un escaparate gastronómico do Baixo Miño.

Tamén se levarán a cabo exposicións, concertos e outros eventos que porán o contrapunto ás degustacións. Establécese un servizo gratuíto de autobuses dende o propio recinto festivo ata A Guarda.