Unha delegación galega, encabezada polo director xeral de Turismo, visita estes días México para promocionar a gastronomía do país e un dos seus produtos turísticos máis relevantes: o Camiño de Santiago. A cidade de Santiago de Tuxtla acolle encontros gastronómicos organizados e materializados polo Centro Superior de Hostalería de Galicia, que serve un menú baseado en produtos típicos do país como os mexillóns, a empanada, o chourizo ou as sardiñas.
Asimesmo, o Xacobeo organizou unhas conferencias no mesmo lugar para dar a coñecer o Camiño de Santiago nun país no que está a espertar unha gran expectación. O programa de actividades incluiu unha recepción, o día 26, encabezada polo presidente municipal, o licenciado Josabet A. Cadena, ofrecida polas autoridades locais. Nese sentido, establecéronse os contactos necesarios para iniciar futuras accións de colaboración de cara ao vindeiro Ano Santo.
O Camiño tamén será protagonista porque contará cun peregrino moi especial. O científico británico Stephen Hawking realizará un pequeno tramo o Camiño e descubrirá unha praca no parque de San Lázaro.
Asimesmo, presentará en Compostela o seu libro “La clave secreta del universo” e disertará sobre outra das súas publicacións, “Una brevísima historia del tiempo”. O científico estará en Galicia do 22 ao 28 de setembro.