A Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (Agaxet) celebra no Balneario de Guitiriz a súa xuntanza de verán, coincidindo cos actos do Centenario do establecemento. Ademais de coñecer as instalacións e servizos do balneario, os xornalistas poderán coñecer o entorno e degustar a típica torta de millo.
A xornada completarase cun encontro da Xunta Directiva da asociación, primeira reunión preparatoria para a elección dos Premios Dagda, que convocan conxuntamente a Agaxet e a revista Hostelería Galega & Turismo. As bases da convocatoria e as categorías poden consultarse na páxina web www.grupohgt.com.