Do 8 ao 17 de agosto, a vila ourensá de Verín acolle a primeira edición da ruta gastronómica “Un río de tapas”, organizada polo Concello en colaboración cos empresarios locais e a D.O. Monterrei. Participan un total de 20 establecementos da localidade que ofertarán unha ou dúas tapas propias, maridadas con viño da devandita denominación, por un prezo de 2,5 euros.
Veciños e visitantes poderán degustar un total de 32 tapas salgadas e tres doces, entre as que se atopan Crema fría de tomate con lagostinos ao vapor, Salmón en salsa de allo con pementos de Oímbra ou Torta de Cigarrón. As adegas Crego e Monaguillo, Chicheno, Gargalo, Magmus, Pazo de Monterrei, Pazo das Tapias, Terras Rubias e Viña Lara colaboran na iniciativa.
Todos aqueles que queiran participar terán que facerse co “pasaporte”, que se debe solicitar na Oficina deTurismo de Verín ou nos establecementos participantes. Haberá sorteos e elixirase a mellor tapa.