Axentes do Servizo de Gardacostas dependente da Consellaría de Pesca decomisaron un total de 1.463 vieiras en Santiago de Compostela, un marisco que está actualmente en veda pola súa alta toxicidade. Os axentes enviaron unha mostra das vieiras ao Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia para que proceda ao seu análise e poder así determinar a presenza da toxina ASP (amnésica), que é a que máis afecta a esta especie.
A Consellaría lembra que, debido á elevada toxicidade da vieira, a súa captura está prohibida en toda Galicia, xa que a súa extracción e comercialización pode supoñer un delito contra a saúde pública.
Por outra banda, a Comisión Europea vai solicitar á Xunta de Galicia que lle informe sobre a contaminación na ría de O Burgo e A Coruña, ante a sospeita de que os niveis de polución do estuario vulneran a directiva sobre calidade das augas marisqueiras. Esta acción parte da demanda do eurodeputado de Izquierda Unida Willy Meyer, quen alertou do estado da ría a causa das verteduras de augas residuais dos concellos de A Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros.