Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Turismo e en colaboración con Cehosga, edita o primeiro dicionario da gastronomía galega, do que se repartirán dez mil exemplares. Serán distribuídos polos establecementos de restauración situados no Camiño Francés e mais polos albergues da Ruta Xacobea. A guía editouse en sete idiomas; é un libro de peto para introducir ao turista nas marabillas da gastronomía do noso país, un práctico percorrido polos pratos máis populares e tradicionais, os produtos máis destacados e as zonas de onde proceden.
Do mesmo xeito, inclúense frases útiles nos sete idiomas para que os clientes estranxeiros se desenvolvan sen problemas nos establecementos de restauración e poidan advertir aos restauradores se son alérxicos a algunha substancia.