A televisión pública do Reino Unido, a BBC, elixiu a localidade coruñesa de Corme para grabar imaxes para unha reportaxe sobre o traballo dos percebeiros. Segundo explica a asociación de veciños Eduardo Pondal, un equipo desta canle visitará a vila a comezos do vindeiro mes para comezar a grabación.
O traballo dos percebeiros é moi arriscado e esperta a curiosidade de todo aquel que descoñece a súa forma de proceder. Mediante esta reportaxe, os británicos poderán coñecer algo máis do traballo deste colectivo, que arrisca a súa vida para colleitar os mellores exemplares de percebe.