As asociacións SOS Courel, Verdegaia e Insectarium Virtual organizarán o vindeiro 6 de setembro unha xornada fotográfica co obxectivo de reivindicar a protección efectiva dunha das zonas con mayor biodiversidade de Europa, e que nestes momentos está ameazada. A intención é que o maior número posible de persoas participen aportando as súas fotografías dixitais do entorno, que se tomarán ao longo do día.
Posteriormente, un grupo de expertos encargarase de avaliar e clasificar as instantáneas. Os participantes reuniranse en Seoane ás 9.30 horas para configurar diversos grupos de traballo. Ao día seguinte, todas as fotos proxectaranse no establecemento de turismo rural Casa da Aira, na localidade de Froxán.