O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asinou un protocolo co alcalde de Chantada, Manuel Anxo Taboada, para a realización de varias actuacións de promoción e dinamización do turismo deste concello lugués, declarado de interese turístico galego.
O acordo asinado contempla, entre outras, a musealización do Muíño da Alameda, a creación de rotas polo patrimonio do románico, os petos e cruceiros e os pazos chantadinos, a edición de folletos e unha guía completa de turismo do concello e a recuperación do entorno da igrexa de Pesqueiras.
Fernando Blanco anunciou que este ano 2008 e o vindeiro, o seu departamento achegará máis de 400.000 para o desenvolvemento destas actuacións.
Segundo o conselleiro, Chantada logrará con estas actuacións unha posta en valor intensa dos seus recursos turísticos. Blanco recordou, ademais, que nos últimos tres anos se investiron 4 millóns de euros na promoción turística da comarca para convertela nun auténtico centro vertebrador do turismo do interior de Galicia.