A cidade do Lérez prepárase para unha das festas máis importantes do verán e que, en poucos anos, ten acadado unha gran trascendencia: a Feira Franca. Na primeira fin de semana de setembro, Pontevedra retorna á Idade Media para lembrar unha das épocas de maior explendor da cidade. Agárdase que pasen pola localidade neses días unhas 100.000 persoas.
O venres 5 representarase, como é tradicional, o transporte do viño cara o peirao, que dará o pistoletazo de saída a unha fin de semana de intensa actividade. O Concello xa rebiciu solicitudes para unhas 350 comidas que encherán as rúas da cidade. "O centro histórico faise pequeno xa para a demanda", explica a concelleira de Festexos, Anxos Riveiro.
Non faltarán as actividades de rúa, a feira artesanal e a recreación de oficios típicos. Mentres, os pontevedreses afánanse por dar os últimos detalles aos traxes de época cos que se vestirán durante a Feira Franca e que contribúen a recrear o ambiente típico do século XV.