Incremento na comerciaización dos viños da Ribeira Sacra

Denominación de Orixe Ribeira Sacra comercializou, de xaneiro a xullo deste ano un total de 2.100.000 litros de viño, o que supón un incremento de case o 20% con respecto ao mesmo periodo do pasado exercicio. O presidente do Consello, José Manuel Rodríguez, achaca este incremento, entre outros factores, á entrada das adegas nas grandes cadeas de alimentación, que compensa a caída nas vendas na restauración.

De cara á vindeira vendima, os responsables da D.O. agardan manter unha produción próxima aos 5 millóns de kilos de uva, na liña das últimas colleitas. O retraso na maduración dos froitos podería retrasar uns días o inicio da recolección con respecto a anos anteriores.