Un grupo de investigadores de Berán, en Leiro, que forman parte da asociación Castela Auriense estudan a posibilidade de que existira no seu momento un camiño xacobeo cara Santiago nas terras de O Ribeiro, ligado á advocación a San Roque. De feito, un dos vestixios que se atopou foi a figura deste santo representada na ruta coa concha de peregrino. O camiño orixinal partiría de Portugal e cruzaría o Miño e o Avia para continuar por O Carballiño e Boborás cara Santiago de Compostela.
Precisamente, no treito carballinés, concretamente en Cabanelas, atopouse no dintel dun antigo pazo a concha de peregrino esculpida en pedra, “un achádego que corroboraría a nosa tese”, apunta Darío Anxo Rodríguez, coautor, xunto con Xoán Pablo Lorenzo Fariña, dun traballo sobre a ruta. O estudo conta co apoio da maioría das corporacións municipais da comarca.