A localidade ourensá de Ribadavia inicia o xoves os actos dunha nova edición da Festa da Istoria, verdadeira precursora en Galicia de eventos relacionados coa época medieval.
A apertura do mercado artesanal, en torno ás 17.00 horas, marcará o inicio dos festexos, mediante os que a localidade lembra tradicións e oficios de épocas pasadas, tamén a través da gastronomía e a música. Entre todos os actos destaca a multitudinaria cea medieval que se celebra dentro da Igrexa da Madalena.
Ademais do mercado, haberá concertos, malabares, desfiles, diferentes espectáculos teatrais e a tradicional voda xudea. Os actos prolongaranse ata o día 30.