A parroquia de Doade, no concello pontevedrés de Lalín, acollerá o vindeiro sábado a noveda edición da Festa da Malla Tradicional, que ten por obxectivo amosar as antigas técnicas empregadas para mallar o trigo e o centeo. A recreación comezará en torno ás 12.00 horas e terá unha duración aproximada de sesenta minutos. Pero ademais a xornada contempla unha demostración de cocido tradicional do pan en forno de leña, exposicións e demostracións de artesanía e oficios tradicionais e unha degustación dos produtos elaborados.
Por outra banda, Lalín tamén ultima os detalles da sétima edición do festival de marionetas Titirideza, que se desenvolverá do 28 ao 31 de agosto. Entre as compañías que estarán presentes destacan Trompicallo, Viravolta ou A Xanela do Maxín. Pequenos e maiores poderán gozar de ata seis espectáculos de diversas características.