Marca Rexistrada para a Festa do Mar de Combarro

A Oficina Española de Patentes e Marcas, dependente do Ministerio de Industria, vén de notificar que a Festa do Mar de Combarro é unha marca rexistrada propiedade do Concello de Poio, o que obrigará a outras citas semellantes a cambiaren a súa denominación.

O concelleiro de Festexos de Poio, Xosé Luis Martínez, amosou a satisfacción do goberno local por ter conseguido este fito tras “anos loitando”. O Concello ten previsto denominar a esta festa, a partir do ano que vén, Festa do Mar das Rías Baixas.