O conselleiro da Presidencia, José Luis Méndez Romeu, vén de ser designado como novo presidente da Fundación Semana Verde, en substitución de José Maril. Formarán parte, ademais, do padroado da mesma en representación da Xunta o secretario xeral da devandita consellaría; o director do Instituto Galego de Promoción Económica; o director de Área de Promoción, Innovación e Información Empresarial; o secretario xeral da Consellaría de Medio Rural; a directora xeral de Comercio e o director xeral de Turismo. Este nomeamento remata coa incerteza na que estaba inmersa a Fundación nos últimos meses.
Ao novo padroado sumaranse senllos representantes do Concello de Silleda e da Diputación de Pontevedra, así como outros dous da Asociación Feiral Semana Verde, que preside Maril.
Ao novo padroado sumaranse senllos representantes do Concello de Silleda e da Diputación de Pontevedra, así como outros dous da Asociación Feiral Semana Verde, que preside Maril.