A parroquia morañesa de Amil acolle esta fin de semana a edición número dezanove da Festa do Porquiño á Brasa. Para a comida oficial do domingo xa se esgotaron os 60 lotes que se poñían á venda, a un prezo de 290 euros. Quedan pois viandas para a cea do sábado e para as comidas que o domingo ofrecerán diferentes establecementos da localidade.
Pero o programa da festa inclúe tamén unhas xornadas agrarias, xogos populares para os máis pequenos e actuacións musicais. Organiza a festa a Asociación Gastronómica Cultural de Amil.
Pero o programa da festa inclúe tamén unhas xornadas agrarias, xogos populares para os máis pequenos e actuacións musicais. Organiza a festa a Asociación Gastronómica Cultural de Amil.