Do 29 ao 31 de agosto, a localidade pontevedresa de Valga celebra unha das festas gastronómicas máis importantes da zona: a XX Festa da Anguía e a Mostra da Caña do País, que este ano cumpre dezaoito edicións. Durante tres días, veciños e visitantes poderán gozar dun amplo programa de actos entre os que destacan os concursos e degustacións destes dous produtos.
Os namorados da anguía poderán degustala en empanada, guisada con patacas, fritida, rebozada, en escabeche con cachelos ou á Bella Otero. Como sempre, o peixe servirase en pratos e cazolas de Buño.
No tocante á augardente, o concurso celebrarase o sábado ás 20.30 horas, que rematará cunha gran queimada popular. O domingo terá lugar unha demostración da elaboración da caña e a entrega de premios aos mellores licores. En canto ao aspecto musical, destaca a actuación dos irmáns Pimpinela.