Nos próximos días, un xornalista irlandés do National Geographic, Patrick Lynch, visitará as Rías Baixas para obter información sobre un dos enclaves naturais que máis interese está espertando entre os británicos: as Illas Cíes. Está previsto que a información recabada se publique na sección Traveller. Non é a primeira vez que a prensa británica se interesa polas Rías Baixas como destino.
Un artigo en The Guardian situaba á praia de Rodas, nas Cíes, como a máis bonita do mundo. En decembro de 2007 foi a revista británica Spain a que incluía unha reportaxe de cinco páxinas sobre a cidade de Pontevedra titulada “Perfect Pontevedra. Discover real Spain in Galicia’s time-forgotten treasure”. A mesma revista publicou en febreiro de 2008 unha ampla reportaxe sobre as Illas Cíes titulada “Where the wilds things are”.