O Castelo de Monterrei retornará á época dos irmandiños, do 26 ao 28 de setembro, co gallo dunha multitudinaria partida de rol na que participarán máis de 800 mozos chegados de toda España. A iniciativa, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia por terceiro ano, conta tamén coa participación de actores profesionais que dan vida a personaxes históricos.
O obxectivo é dar a coñecer o patrimonio da zona dende outro punto de vista e cunha motivación diferente para os máis novos. A este respecto, a Xunta ten previsto poñer en marcha un plan director para a recuperación do conxunto monumental, pois non é aínda de titularidade pública.