Os tesouros de Rande poderían ser o leitmotiv dun novo museo en Vigo. A favor desta iniciativa amósanse a Confederación de Empresarios da provincia de Pontevedra e a Cámara de Comercio, que están despostas a investir no proxecto, aínda que reclaman se sexan as administracións as que o lideren. «Estamos dispostos a realizar inversións pero este proxecto ten que ser liderado polas administracións, coa Xunta á fronte porque é un proxecto bo para Vigo pero tamén para toda Galicia», sinalou o presidente da CEP, José Manuel Fernández Albariño.
As asociacións empresariais realizarán un estudo de viabilidade do proxecto que será remitido á Xunta. Os empresarios, que pretenden facer no museo de Rande unha referencia mundial, márcanse un prazo de dous a catro anos para que a proposta sexa unha realidade.