Os productos envasados máis baratos en A Coruña e Lugo

Un informe sobre “Niveis de prezos da distribución alimentaria e droguería” realizado polo Ministerio de Industria sinala que A Coruña e Lugo están á cabeza de España en canto aos produtos envasados máis baratos, xunto con Castellón. No extremo contrario sitúanse Alicante e Bilbao. Lugo e Pontevedra tamén son as capitais máis económicas en canto aos produtos de droguería.

As froitas e verduras, así como a carne, son máis caras en Donosti mentres que Las Palmas é a capital de provincia onde máis custa o peixe. Pola contra, Córdoba é a cidade na que se poden mercar froitas e verduras máis baratas e Santander ten os prezos máis baixos en carnes.
O informe analizou os prezos de froitas e verduras, peixe, carne, alimentación envasada e produtos de droguería en 2.073 comercios de 42 provincias.