Se non podes co teu inimigo, únete a el. A confrontación que ata o de agora mantiñan os furancheiros cos políticos –e que en certos sectores aínda se mantén- trócase en entendemento en Marín. Alomenos iso pretende o concelleiro de Turismo, o nacionalista Manuel Ruibal, que propón a creación dunha ruta de furanchos pero que, obviamente, só incluiría aos rexistrados legalmente no Concello.
Os establecementos que se acollan a esta figura, definida nun Decreto pola Xunta, deben cumprir unha serie de requisitos e rexistrarse no respectivo concello. A intención do goberno marinense é que esta ruta opte a unha subvención europea do plan Leader.