A vila pontevedresa de Salvaterra de Miño celebra ata o domingo unha nova edición da Festa do Viño do Condado, con corenta e nove anos de historia. Un curso de cata de viños brancos e tintos será o acto inicial, aínda que o groso das actividades agárdase para a fin de semana. Así, o sábado, a partir das 10.00 horas, desenvolverase a “Cata á procura dos Viños Deliciosos do Ano”, mentres que os premiados daranse a coñecer ao día seguinte. Tamén o sábado, a partir das 11.00 horas, poderanse visitar as exposicións nas covas de Dona Urraca. Non faltará a animación de rúa e as actuacións musicais, coa presenza do grupo de folk Brath.
O domingo terá lugar a entrega de premios e o nomeamento dos novos cofrades. Outro dos actos centrais da festa será a lectura do pregón, ás 12.00 horas, que correrá a cargo de Bruno Kammerer, membro do Consello de Arte de Zurich e tamén da Irmandade dos Viños Galegos.
A apertura dos stands das adegas do Condado producirase trala lectura do pregón. Este ano participan as 24 adegas da D.O. Rías Baixas correspondentes a esta subzona. Para acompañar, non faltarán a lamprea, as sardiñas, o polbo e a empanada.