San Xosé será festivo en Galicia en 2009

A Xunta de Galicia aprobou o calendario festivo correspondente ao 2009 con dúas novidades destacadas: o día de San Xosé será festivo e o día da Constitución trasladarase ao luns 7, compoñendo unha longa fin de semana de catro días (unido ao festivo da Inmaculada Concepción).

Así, as doce festividades en 2009 serán o 1 e 6 de xaneiro, o 19 de marzo, o 9 e 10 de abril (Semana Santa), o 1 de maio, o 25 de xullo, o 15 de agosto, o 12 de outubro e os días 7, 8 e 25 de decembro. Festas que, sen embargo, caerán en domingo serán o 17 de maio e o 1 de novembro.