O Concello de Ribeira organiza a terceira edición dunha ruta de sendeirismo coa que pretende dar a coñecer os lugares de interese cos que conta. Levarase a cabo o vindeiro 6 de setembro e os participantes poderán realizar un percorrido total de 50 kilómetros.
A camiñata iníciase ás nove da mañá en Coroso, mentres que a chegada está prevista para as nove da noite. Entre os lugares que se visitarán destacan a praia do Vilar, o parque natural de Corrubedo, o miradoiro da Pedra da Rá, a lagoa de Carregal ou o dolmen de Axeitos.