O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou nunha recente visita á Illa de Arousa, que o goberno galego investirá 14 millóns de euros para ampliar a ponte que une a illa co continente, concretamente coa localidade de Vilanova de Arousa. Este viaduto presenta unha serie de carencias e importantes atascos, sobre todo na época estival.
Así mesmo, o presidente anunciou outro investimento, nesta ocasión de 3,4 millóns de euros, para a creación dun porto deportivo na localidade. “Trátase de poñer en valor un entorno marabilloso para un pobo sacrificado, traballador e cheo de coraxe, e unha comarca chea de oportunidades, motor económico, turístico e medioambiental”, sinalou Touriño.