O Consello da Xunta aprobou o Plan Galego de Acuicultura, un documento co que o Goberno galego pretende ordenar o uso do litoral da nosa comunidade para a realización de actividades acuícolas.
Non exento de polémica, pola oposición de veciños e colectivos ecoloxistas, o Plan contempla a consolidación das plantas xa existentes e a creación de trece novas nas tres provincias costeiras galegas. O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, insiste en que ningunha das novas instalacións se atopará en espazos incluídos na Rede Natura.
As actuacións previstas suman unha superficie total de 2.854.150 metros cadrados e suporán un investimento lixeiramente superior aos 353 millóns de euros, xunto coa creación de 1.966 postos de traballo directos. En total, acadarase unha produción de 21.600 toneladas de peixes planos anuais e unha facturación superior aos 180 millóns de euros por exercicio cando todas as instalacións estean traballando a pleno rendemento, para o que se manexa un prazo de 15 anos.