A Consellería do Medio Rural asinará nos próximos días os convenios que permitirán a realización da primeira quenda de obras nas infraestruturas da Ribeira Sacra lucense, concretamente, nos concellos de Monforte, A Pobra do Brollón e Ribas de Sil, no marco do Plan de actuación global de infraestruturas vitícolas na Ribeira Sacra 2008. O orzamento total deste primeiro bloque de actuacións ascende a 583.472 euros.
Por outra banda, a Xunta anunciou que investirá 2,3 millóns de euros no Plan correspondente a O Ribeiro. Melloraranse preto de 70 camiños nesta comarca co obxectivo de favorecer o desenvolvemento das actividades produtivas, inseridas no proxecto de “Impulso Vitivinícola do Ribeiro”. Os concellos beneficiarios destas obras serán Arnoia, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Ourense, Punxín, Ribadavia e Toén.