Un total de oitocentos mozos e mozas participarán esta fin de semana, no Castelo de Monterrei, na terceira edición de Irmandiños: A revolta. Unha iniciativa que organiza a Vicepresidencia da Xunta, a través da Dirección Xeral de Xuventude, e que supón o xogo de rol en vivo con máis participantes do mundo, así recoñecido o ano pasado polo Guinness.
Na xornada do sábado vanse desenvolver as loitas, xogos e batallas aos pés do Castelo de Monterrei. Serán pola mañá, entre as 12 e as 14 horas, e pola tarde, entre as 16 e as 18 horas. Xa o domingo pola mañá terá lugar a batalla final, que se realizará na aldea de Mixós, e ás 15,00 horas darase por pechada a edición deste ano.
Na iniciativa participan mozos e mozas de entre 18 e 35 anos. Haberá un aparcadoiro gratuíto, a disposición dos participantes, nas inmediacións do Castelo de Monterrei, aínda que, no caso de esgotarse as prazas do aparcamento, deberanse aparcar os coches en Verín.
Irmandiños: A revolta está escrito e dirixido por 13Negativo, ambientado na Galicia medieval do século XV. Os mozos e mozas participantes tomarán o antigo bastión de Monterrei nunha aventura que os vai converter en protagonistas dunha historia que ten como marco de fondo a Segunda Revolta Irmandiña.
Como novidade este ano organízase un mercado medieval na Praza de García Barbón de Verín. Para toda a xente da zona tamén se vai desenvolver un Torneo Medieval de Cabaleiros. Será o sábado, ás 18,00 horas, no Recinto “A Perguiza”. Durante o sábado tamén haberá visitas guiadas gratuítas ao Castelo de Monterrei.