O cociñeiro cambadés Antonio Botana (Grupo Nove) estará presente no III Congreso Internacional de Gastronomía e Saúde, que se celebrará en Pamplona. Alí levará varias receitas elaboradas con algas galegas, un produto que pretende integrar na dieta atlántica. Tanto poden ter protagonismo por si mesmas coma acompañar e enriquecer a outros produtos. E así o vai poñer de manifesto na capital navarra.
Ademais, o chef do Pandemonium insiste en que a alga é un produto fundamental se se fala de gastronomía e saúde, dadas as súas propiedades.
O III Congreso Internacional de Gastronomía e Saúde, que inclúe dez conferencias a cargo de diferentes profesionais, premiará este ano ao mediático Karlos Arguiñano e tamén homenaxeará aos actores Imanol Arias e Juan Echanove.