O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, destacou a aposta polo turismo urbano sustentable da Xunta no transcurso da inauguración do Congreso Internacional sobre a Xestión Turística dos Monumentos e das Cidades Patrimonio da Humanidade, que se celebra en Lugo. O encontro forma parte do congreso extraordinario da Liga de Cidades Históricas do Mundo e ten como obxectivo debater sobre os diferentes modelos de xestión das cidades Patrimonio da Humanidade.
Blanco lembrou o compromiso do seu departamento coa promoción da oferta turística galega como un destino de calidade, moi asociado aos nosos conxuntos e monumentos Patrimonio da Humanidade como a muralla de Lugo ou a cidade de Compostela.
Nese sentido, a Consellaría está a impulsar o turismo nos cascos históricos das vilas e cidades aproveitando o seu rico patrimonio monumental, histórico e cultural e nos vindeiros dous anos apoia con 6,5 millóns de euros a creación de establecementos singulares en núcleos urbanos para que os visitantes poidan gozar dunhas instalacións hoteleiras de calidade.