A Cámara de Comercio de Ourense e a Asociación de Cámaras dos Camiños Xacobeos asinaron un acordo que posibilitará que as zonas polas que discorre a Vía da Prata teñan un espazo propio nas feiras que organice Expourense.
Preténdese que esta ruta siga un modelo de desenvolvemento semellante ao que experimentou o Camiño Francés. A vindeira cita feiral na que xa se desenvolverá esta promoción será Termatalia. Seguiranlle, xa o ano que vén, eventos como Xantar e Vinis Terrae.
E tamén na cidade de Ourense, un espazo que se mellorará coa realización dunha serie de actuacións proxectadas por César Portela será o que ocupan as Burgas.
En concreto, acometerase a construción dun miradoiro con pérgola, procederase ao tratamento vexetal do muro do colexio das Josefinas e mellorarase o pavimento. A actuación complétase coa instalación de novos puntos de luz. O Concello tamén mellorará o Muíño da Veiga.