A capital de Castela A Mancha acollerá, do 11 ao 13 de novembro, o II Congreso Europeo de Turismo Industrial, unha modalidade alternativa ao turismo tradicional que engloba a visita organizada a empresas en actividade consideradas de interese turístico, tanto polo seu produto como polo proceso produtivo.
A reunión fará fincapié na competitividade e a innovación, tentando detectar a situación actual e as problemáticas deste sector en Europa, de cara a un traballo coordinado entre os axentes territoriais, para lograr a implicación das administracións na súa xestión e promoción mediante o establecemento de estratexias comúns a escala europea.
Está dirixido a empresas de ámbito local, nacional e europeo, implicadas ou interesadas na visita a empresas; administracións e institucións; profesionais do turismo; consultorías de empresa e profesores e estudantes universitarios. Agárdase unha participación de 500 persoas.