Queserías Entrepinares anuncia que investirá 65 millóns de euros na creación de dúas novas plantas en Villamarciel (Valladolid) e en Lugo, coas que pretende duplicar a súa produción nos próximos cinco anos, ademais de crear 120 novos empregos, que se sumarían aos 236 directos que ten na actualidade.
Esta firma facturou en 2007 un total de 104 millóns de euros, grazas á transformación, fabricación e comercialización de 18 millóns de kilogramos de queixo.
Pola súa banda, a Junta de Castilla y León estuda a creación dunha única marca de calidade para os queixos, fronte ás catro que existen na actualidade, e outra de manteiga. Ademais, promoverá un acordo cos hostaleiros para promover nos seus establecementos os queixos de calidade da rexión para potenciar o seu consumo como aperitivo ou como postre.