Expourense quenta motores para unha nova edición de Termatalia

Termatalia, Feria Internacional do Turismo Termal, abrirá as súas portas o vindeiro venres dando paso así a unha fin de semana consagrada ao termalismo. As accións organizadas neste evento están orientadas a manter o estatus de cita profesional posicionada xa mundialmente e a potenciar a presenza en feira dos principais mercados termais, tanto de aqueles xa consolidados, como é o caso de Alemania, como dos de recente incorporación, como ocorre con varios países de Centroeuropa. Fabricantes, importadores de bens de equipo, proveedores e representantes do mercado da auga envasada estarán presentes na feira.
O programa paralelo contemplará todas as accións necesarias para fomentar o negocio dentro do sector a nivel internacional, como a bolsa de contratación ou diferentes misións comerciais e de turoperadores.
Ademais da presenza de expositores internacionais, a feira contará tamén coa participación das comunidades autónomas que apostan polo turismo de saúde como é o caso de Andalucía, Cantabria, Canarias, Castela-A Mancha, Extremadura, Murcia e Valencia.
A oitava edición de Termatalia contará cun total de 250 expositores.