Futbolistas internacionais como Gerrard, Henry, Puyol, Van Nistelrooy e Cannavaro participan nun libro que vén de editar a Unión Europea, a UEFA e a Federación Internacional do Corazón no que desvelan as súas receitas contra a obesidade infantil. O obxectivo desta publicación é infundir nos máis pequenos hábitos alimentarios saudables, pois está dirixido a rapaces de 5 a 11 anos. Ata o momento publicouse en inglés, francés e alemán e tamén está dispoñible en Internet. A recadación das vendas do libro será destinada a programas de educación en saúde.
A alimentación dos rapaces é básica dende primeira hora da mañá e, de feito, o almorzo é unha das comidas máis importantes do día. Nese sentido, a OCU vén de denunciar que os cereais destinados aos máis pequenos teñen un contido excesivo de azucre e escasos niveis de fibra. Segundo o estudo realizado pola organización, os dez produtos analizados están por riba do 12,5% de azucre –que é o nivel aceptable- e a maioría engaden mel e chocolate como engadidos “innecesarios”.