A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal decidiu crear un Observatorio que estude a costa de ambas rexións, orientado cara mellorar as predicións meteorolóxicas e oceánicas. O proxecto conta cun presuposto de 4,2 millóns de euros e estará operativo a partir de 2009.
Segundo a Xunta, o novo observatorio permitirá situar a eurorrexión “á altura das primeiras zonas do mundo” en predición meteorolóxica e análises do estado do mar.
Os resultados dos estudos que realice o observatorio terán como beneficiarios, entre outros, a confrarías de pescadores, operadores turísticos e administracións responsables do control das augas.