Melloras na Hípica e no cámping Os Invernadoiros de Allariz

A Xunta colaborará co Concello de Allariz na execución dun proxecto de ampliación e reforma da Hípica e do cámping Os Invernadoiros, para o que o Goberno galego destinará 350.000 euros. O proxecto céntrase en tres actuacións: a rehabilitación ou substitución dos actuais picadeiros e cortes por outros novos, a instalación de bancadas e, por último, a mellora das instalacións complementarias.

O Concello agarda, deste xeito, mellorar a súa oferta turística, deportiva e de ocio.