O Porco Celta protagoniza unhas xornadas gastronómicas

A Casa de turismo rural Fogar do Selmo participa, por segundo ano consecutivo, no Outono Gastronómico organizado por Turgalicia, e nesta ocasión o protagonista principal será o Porco Celta, en tanto que a Terneira Galega á pedra complementará as xornadas gastronómicas do establecemento, que se estenderán ata o 15 de decembro.

A fin de poder degustar os diferentes pratos que se elaborarán con estes produtos, os propietarios de Fogar do Selmo ofrecen una interesante oferta de almorzo e cea máis unha noite de estadía.