A localidade ourensá de A Veiga acollerá, do 16 ao 18 de outubro, as I Xornadas Técnicas “O Turismo de Montaña en Galicia. Unha oportunidade para o desenvolvemento sostible do medio rural”.
Os obxectivos do curso son amosar a riqueza do patrimonio natural e cultural do rural e a diversidade dos seus recursos. Nese sentido, os organizadores insisten en que o teito de Galicia, Pena Trevinca, debe ser o faro da nova imaxe da montaña e a sostibilidade do medio rural.
Intervirán, entre outros ponentes, o director xeral de Turismo, Rubén Lois; os profesores Juan Ignacio Plaza e Elena de Uña ou o montañeiro Antonio F. Pena “Cholo”. Impartirá a conferencia de clausura o director xeral de Conservación da Natureza, José Benito Reza, que falará sobre “Sostibilidade en espazos naturais”.