A Consellaría do Medio Rural está a elaborar o borrador do Decreto polo que se regula a artesanía alimentaria en Galicia, no que se inclúe o regulamento do produto caseiro. O Sindicato Labrego Galego entende que é o momento clave para reivindicar este tipo de alimentos pois está en xogo que os labregos poidan vender normalmente os produtos ou perdan definitivamente ese dereito.
Entende o sindicato que “habida conta da manipulación á que están sometidos a meirande parte dos alimentos distribuídos polas grandes cadeas de alimentación, o acceso ao produto caseiro é un privilexio que vai más aló do sabor do produto, é unha garantía de saúde que non podemos perder”. Para dar a coñecer todas as súas vantaxes, o SLG organiza unha xornada reivindicativa que terá lugar o venres 26 en Área Central (Santiago de Compostela).
Dende as 10.00 ata as 17.30 horas, todas as persoas que se acheguen poderán coñecer algo máis deste tipo de producións. Haberá charlas, debates e incluso un xantar.