A Irmandade dos Viños Galegos celebra, o vindeiro 4 de outubro, unha das súas habituais reunións, desta volta no Pazo do Cabido, en Baión (Vilanova de Arousa). Na xuntanza, os albariños elaborados na zona e outros praceres gastronómicos como o marisco e o peixe da ría, serán os protagonistas. Máis adiante, en concreto o 8 de novembro, o colectivo celebrará un Magosto en Santo Estevo de Ribas de Sil.
Fóra das nosas fronteiras, membros da Irmandade acudirán esta fin de semana a Valladolid para participar no XIV Gran Capítulo da Cofradía de los Vinos y las Viandas de Castilla y León. Os actos inclúen a entrega do premio “Tierras de Oro” 2008, que recaerá na Fundación Atapuerca, e a cerimonia de investidura dos novos cofrades.