Unha delegación encabezada pola concelleira de Urbanismo de Santiago, Mercedes Rosón, está na cidade polaca de Cracovia para coordinar o grupo de traballo do proxecto SUITE The Housing Project. A vivenda: un factor para a inclusión social e urbana e para a calidade de vida nas cidades, do que é xefe de filas. A proposta da rede que lidera Santiago xira en torno ás políticas de vivenda no ámbito urbano e como, a través delas, se favorecen a integración e a cohesión nas cidades a todos os niveis: económico, social e urbano.
O feito de que Compostela lidere esta rede temática pertencente ao programa europeo Urbact II supón unha gran oportunidade para a cidade que, por primeira vez, se presenta como Xefe de Fila nun proxecto europeo, trala experiencia acumulada de participación como socio en innumerables ocasións dende a entrada de España na UE.