Como non podía ser doutro xeito, un vino feito en Valdeorras servirá para festexar o premio concedido a unha película rodada en Valdeorras. No transcurso do Festival de San Sebastián será premiado o filme “Pradolongo”, do director petinés Ignacio Vilar.
E que mellor que un godello para brindar por ese éxito. Na festa estarán presentes, entre outros, os alcaldes de A Veiga, A Rúa, O Barco e Petín, así como os actores protagonistas, Tamara Canosa, Rubén Riós e Roberto Porto.