Tras unha reunión de máis de seis horas de duración, coa mediación da conselleira de Pesca, Carmen Gallego, a plataforma maioritaria de distribución de mexillón, Pladimega, e unha das minoritarias, Arousa Norte, acordaron o reinicio da actividade mentres que negocian os puntos de desencontro que aínda existen.
Así, ambos colectivos solucionaron as súas principais discrepancias e chegaron a un acordo, polo que esta mañá se reiniciou a actividade nos peiraos. A titular de Pesca, Carmen Gallego, felicitou ás dúas partes por chegar a este acordo e agradeceulles o esforzo que fixeron de achegar posturas para traballar en común polo sector mexilloeiro.